Propietarios de Vivendas de Uso Turístico de A Illa presentaron por rexistro no Concello as sinaturas acadadas na campaña iniciada ao sentirse agraviados pola aplicación dunha tarifa na nova ordenanza municipal de saneamento e recollida de lixo que incrementa desproporcionada e inxustificadamente o importe para as VUTs. Unha decisión exclusivamente política que perxudica a 220 familias propietarias, a súa meirande parte da Arousa e que tamén perxudica ao conxunto da cidadanía.
Máis dun millar de sinaturas que avalarán o debate na sesión plenaria extraordinaria convocada para este xoves día 26 ás 13 horas na que se pide a retirada do actual padrón fiscal e a modificación da ordenanza fiscal aplicando ás VUTs a mesma tarifa que a unha vivenda residencial “que é o que son”. As sinaturas presentadas respaldan tamén o malestar das familias propietarias de VUTs por esta discriminación tributaria que incrementou desproporcionadamente os recibos en 2024 e a defensa dun modelo turístico familiar, alonxado da masificación, e que redistribúa os seus beneficios no tecido comercial e do sector servizos local
Para Aviturga esta decisión política supón un castigo a 220 familias que tiveron que abonar uns recibos de 464 euros a pesar da modificación da ordenanza, o que supón “unha absoluta falta de respeto ás económicas domésticas das persoas afectadas; a mesma que se demostra ao non responder ás alegacións presentadas”, I é que desde a Asociación de Viviendas Turísticas de Galicia destacan a indefensión que supón ter que abonar un recibo sen ter recibido resposta á reclamación administrativa interposta. “O lóxico sería que primeiro responderan ás alegacións. Esta demora representa o nulo talante democrático do goberno bipartito”, insisten desde Aviturga.
Recordan que a Concellalía de Facenda, coa “connivencia do seu socio de goberno, impulsa a modificación da ordenanza convertendo unilateralmente as VUTs en actividade económica, a pesar de ser consciente de que o Ministerio de Hacienda trata esta modalidade aloxativa como rendemento do capital inmobiliario e que o Decreto da Xunta inclúe entre os seus requisitos que estén situadas en suelo residencial”.
Para Aviturga “o afán recaudatorio e unha enquina política que leva a PSOE e BNG a liderar unha persecución sen cuartel contra as Vivendas de Uso Turístico” son as principais motivacións do goberno local que puxo en marcha a “máquina do fango e dos bulos” para repetir que as VUTs son as responsables da crise habitacional existente a nivel mundial; esquecendo que agora padecemos as consecuencias de decisións políticas tomadas por eles anos atrás.
A Asociación de Viviendas de Uso Turístico de Galicia considera que a subida destas taxas para as VUTs supón o primeiro golpe que asesta PSOE e BNG ao sector turístico na Arousa; a un modelo de turismo familiar que distribúe a riqueza entre toda a cidadanía e en sectores como o comercio, a hostelería, etc, xa que “os nosos hóspedes intégranse no pobo e consumen aquí. Descoñecemos sen embargo cara que modelo turístico nos levará esta agresión fiscal xa que percibimos o interese do goberno local en provocar o peche das VUTs pero carecemos de información sobre o futuro que planifican”.