Seguen aparecendo voces satisfeitas co mes de agosto no sector do turismo. Unha das últimas é a da Asociación de Propietarios de Vivendas Turísticas de Galicia, Aviturga. Para o colectivo os datos son excelentes. De feito, en varios concellos das Rías Baixas rozaron o cheo absoluto.