Agosto foi un mes excepcional para as vivendas turísticas da comarca do Salnés. Segundo a asociación que as agrupa, Aviturga, a ocupación roldou o 100% nestes aloxamentos dos concellos do litoral galego. Agora celebran o arranque do mes de setembro, pero seguen a ver a desestacionalización do turismo como a principal tarefa pendente.