Sanxenxo, corazón turístico da comarca do Salnés.

Sanxenxo, corazón turístico da comarca do Salnés.
Todo está pensado para o lecer e entretemento dos turistas.     

Ten unha situación privilexiada, no centro das Rías Baixas, e baixo a influencia dún microclima que a fai especial.

Sanxenxo converteuse co paso do tempo na capital turística de Galicia (sempre por detrás, loxicamente, de Santiago de Compostela).

É un destino perfecto para tomar como punto de partida, e desde alí coñecer boa parte da costa galega, así como varias das cidades máis importantes de Galicia.

Sanxenxo presume de ofrecer a todos os visitantes un gran número de opcións de lecer (praias, paisaxes, deportes acuáticos, aventura, compras, gastronomía, festas,...), converténdose así nún dos destinos preferidos dos turistas que visitan Galicia.

É a capital do concello e centro turístico por excelencia, está situado nunha gran baía da ría de Pontevedra.

Con 36 quilómetros de costa, Sanxenxo é hoxe o concello de España con maior número de praias  con Bandeira Azul.

Na vila de Sanxenxo hai varias praias, pero pódese dicir que as máis representativas son: Silgar e Panadeira, ambas de area branca moi fina, como todas as da ría de Pontevedra.

Podes atopar máis información na páxina de turismo. 

https://www.turismodesanxenxo.com/

Visita a nosa
plataforma
de reservas
vitgal

Encantados de atenderche
Esperamos recibir as túas mensaxes e poderche axudar en todo o que necesites sobre o alugueiro de vivendas de uso turístico en Galicia.