AVITURGA | NOVAS

Virxe da Roca

A imaxe da Virxe da Roca é un dos monumentos máis coñecidos do concello de Baiona. Foi construído en granito sobre as rochas do monte Sansón polo gran arquitecto porriñés Antonio Palacios, autor de destacados edificios e arquitectura de estilo modernista. A obra foi inaugurada en 1930, ten 15 metros de altura e representa á Virxe sostendo na súa man dereita un miradoiro de barcos ao que se accede por unha escaleira interior de caracol de pedra. O rostro e as mans da Virxe son de mármore branco, obra de Ángel García, e a súa coroa foi de porcelana.

virxe da roca 

A intención dos seus construtores era que o monumento servise de referencia para os navegantes, e seguro que o conseguiron. Desde o miradoiro situado a carón da Virxe da Roca pódese gozar destas magníficas vistas do océano

Visita a nosa
plataforma
de reservas
vitgal

Encantados de atenderche
Esperamos recibir as túas mensaxes e poderche axudar en todo o que necesites sobre o alugueiro de vivendas de uso turístico en Galicia.