É un clásico nas listas de lugares abandonados de Galicia. Poderíase dicir que o seu aspecto, entre bucólico e misterioso, non deixa indiferente a ninguén. O Bosque Encantado de Aldán, tamén coñecido como Finca de Frendoal ou Casa do Conde, é un deses recunchos máxicos que abundan en Galicia e que converten un simple paseo nunha experiencia extraordinaria.
Situado na comarca pontevedresa do Morrazo, é un espeso bosque que evoca antigas lendas e que contén un máxico castelo parcialmente cuberto de musgo e sotobosque que nos fai sentir de inmediato protagonistas dunha historia medieval.
O principal atractivo deste bosque é o pequeno Castelo de Frendoal ou Casa Torre de Aldán que, como nos contos de fadas, conta con dúas torres ameadas, un foxo ao seu redor e mesmo unha ponte levadiza, que só se conserva parcialmente. Aínda que parece que estamos ante un castelo medieval, a súa construción é bastante recente, dos anos 60, e nunca se rematou, de aí o seu aspecto inacabado consumido polo musgo e o deterioro.
Curiosamente, é este estado de abandono o que lle confire ao castelo un aura máxica e misteriosa á que se engaden as numerosas vides que soben as súas paredes, a espesa vexetación que apenas filtra a luz solar e os bancos de pedra que o rodean. descanso disfrutando do encanto do bosque.