AVITURGA | NOVAS

Ferrol

A cidade de Ferrol, hoxe en claro declive, aínda deixa constancia dunha época de gran esplendor grazas ao auxe do sector naval e pola que merece ser visitada se se fai o Camiño Inglés. O barrio da Magdalena, do século XVIII, é un dos exemplos arquitectónicos máis rechamantes da cidade, coas fermosas galerías das fachadas das casas e das rúas formando unha estrutura en cuadrícula.

Dende 2008 ata a actualidade, o proxecto do veciño e artista ferrolán Eduardo Hermida deu un aire fresco a Ferrol, dinamizando o barrio de Canido con murais que versionan o famoso cadro Las Meninas de Velázquez e que se multiplican cada ano atraendo con esta gran iniciativa cada vez son máis os turistas.

En Ferrol non se esquecen dos visitantes: os peregrinos do norte de Europa e das Illas Británicas que na Idade Media chegaban por mar ao porto de Ferrol para completar o Camiño Inglés a Santiago de Compostela. Hoxe en día hai 120 km de espiritualidade e aventura, percorridos por persoas de todas as nacionalidades.




Se queres facer a ruta xacobea, animámoste a probar o Camiño Inglés descubrindo Ferrol!

Visita a nosa
plataforma
de reservas
vitgal

Encantados de atenderche
Esperamos recibir as túas mensaxes e poderche axudar en todo o que necesites sobre o alugueiro de vivendas de uso turístico en Galicia.