Malpica de Bergantiños é un concello de España situado na provincia da Coruña (Galicia), situado a 52 km da capital provincial (A Coruña) e dentro da Costa da Morte. Pertence á comarca de Bergantiños.
Ruas estreitas e empinadas con cheiro a sal e a mar por todas partes. Por un lado o porto coa súa lonxa, os seus barcos... e por outro a praia coa súa area branca, as súas mareas...
E ao fondo as Illas Sisargas. Parece que estás no verdadeiro paraíso.
Un lugar ideal para pasear en familia, xa que tamén conta con moitos lugares exquisitos para comer, sobre todo para probar os seus famosos percebes.
Malpica conta cunha gran frota de cerco e barcos de pesca do día que agardan cada tarefa nun porto dotado de infraestruturas inmellorables (fábrica de xeo, nova lonxa, almacén de redes, gran porto de descarga, dársena protexida para pequenas embarcacións) . Típico do porto malpicán, e oficio único en toda Galicia, é a presenza dos barqueiros, ou taxistas do mar, que cada tarde transportan os mariñeiros dende a muralla ata os pesqueiros nos seus barcos.