A Praza Maior é o principal punto de encontro da cidade, corazón do casco histórico. Cunha forma irregular e a peculiaridade de ser unha das poucas grandes prazas de Europa cun chan lixeiramente inclinado.
A Praza Maior alberga algúns dos principais monumentos da cidade. O espazo céntrase na fachada da Casa do Concello, obra de Queralt que ocupa o único lado sen soportais. Ao seu carón está o Antigo Pazo Episcopal, co que parece competir en maxestade.
Os outros tres laterais son os soportais que forman o Espolón, antigo paseo da nobreza, convertido hoxe nunha das terrazas máis animadas do centro. Enriba dela, fermosas fachadas de casas fidalgas.
Durante todo o ano desenvólvense na praza numerosas actividades festivas, ademais doutro tipo de actividades, como o mercado de segunda man e o mercado de antigüidades que se celebra cada primeiro domingo de mes.
Actualmente é un punto de encontro para moitos dos visitantes das zonas termais dado que o tren turístico que fai o traxecto ten a súa saída nesta praza.