AVITURGA | NOVAS

Serra da Capelada

Na serra da Capelada, atopamos un dos cantís máis altos de Europa, o pico Vixia Herbeira, que alcanza os 620 metros sobre o nivel do mar, unhas impresionantes vistas do océano Atlántico.

En días despexados podemos ver as Illas Sisargas ao sur e a Punta de Estaca de Bares ao norte.

No fermoso marco desta serra sitúase unha máis que obrigada visita, o Santuario de San Andrés de Teixido.
O santuario de San Andrés de Teixido está situado nun pequeno val da serra da Capelada, nos cantís máis altos de Europa. Ao seu redor hai apenas 30 casas, algunhas pintadas de branco brillante e con pedras á vista, a xogo co santuario. Este lugar, a pesar de ser afastado, acolle cada ano a centos de visitantes que se sorprenden da fermosa e natural paisaxe na que se atopa o templo e das impresionantes vistas que se contemplan dende el. Con esta visita recomendámosvos visitar o faro de Cabo Ortegal, un lugar que non vos deixará indiferente, onde poderedes apreciar a verdadeira forza do mar nas grandes rochas da nosa costa.

 Un lugar especial para gozar dunha boa posta de sol.

Visita a nosa
plataforma
de reservas
vitgal

Encantados de atenderche
Esperamos recibir as túas mensaxes e poderche axudar en todo o que necesites sobre o alugueiro de vivendas de uso turístico en Galicia.