Oelevado interese entre os turistas por reservar praza nun hotel en Sanxenxo para a próxima fin de semana anticipa, segundo sinalan fontes do sector, un verán que aspira a marcar unha nova marca de afluencia. Sanxenxo, capital turística das Rías Baixas, será un dos destinos favoritos dos galegos e tamén dos veciños de Castela e León, Asturias e o norte de Portugal , para descansar desde o venres ao domingo.
…
Pola súa banda, a presidente da asociación de vivendas de uso turístico Aviturga, Dulcinea Aguín, mostrouse algo máis cautelosa á hora de avaliar a situación da fin de semana. No entanto, Dulcinea Aguín confía en que se cumpran os obxectivos. «Parece ser que se está activando o nivel de reservas a partir de hoxe», indica, atribuíndo esta situación a que «aínda estamos a saír de Semana Santa».