Gustaríache aprender máis sobre a fiscalidade das vivendas de uso turístico (VUT)? Se es propietario ou xestor dunha VUT, saberás que hai que cumprir cunha serie de obrigacións tributarias que poden resultar complexas e confusas. Por iso, recoméndoche que che apuntes á formación gratuita en liña que ofrecemos dende Aviturga en colaboración coa Xunta a través da Escola de Anfitrións, onde poderás resolver todas as túas dúbidas e coñecer os aspectos clave da fiscalidade das VUT.
A formación impartirase os próximo 20 e 22 de novembro, de 20:00 a 21:00 horas, a través da Escola de Anfitrións. A relatora é unha experta na fiscalidade das vivendas de uso turístico, que che explicará os conceptos básicos, os tipos de impostos que debes pagar, as deducións que podes aplicar, os modelos que debes presentar e os prazos que debes cumprir. Ademais, poderás facerlle preguntas ao final da formación en directo e consultarlle o teu caso.
Non deixes pasar esta oportunidade de ampliar os teus coñecementos e mellorar a xestión fiscal da túa VUT. A formación ten un gran valor informativo ante os requisitos e interpretacións actuais de Facenda sobre este tipo de alugueiros. Só tes que entrar na web da Escola de Anfitrións e realizar tres sinxelos pasos:
- Encher o formulario de alta.
- Verificar o teu correo. Enviarémosche unha ligazón ao correo que debes abrir para poder apuntarche aos cursos.
- Rexistrarche no curso ou os cursos nos que queiras participar
Non o perdas!