Coas vivendasde aluguer turísticodende 2016.
Aviturga » A nosa historia
Aviturga aspira a converterse no foro de encontro dos propietarios de vivendas turísticas en Galicia, ser portavoz dos seus intereses ante as Administracións Públicas e o leito natural de colaboración con outras organizacións e empresas vinculadas coa promoción turistica Galicia.
Desde
0
2016
A nosa orixe
Nace en Portonovo (Pontevedra), capital autonómica do turismo e berce do alugueiro vacacional en Galicia desde hai décadas, polo interese dun grupo de propietarios de vivendas turísticas de organizarse e dar voz ao novo modelo de aloxamento que estaba a crecer rápidamente a nivel mundial debido, entre outros elementos, á dixitalización e a globalización.
2017
Nova regulación
A Xunta de Galicia regula as vivendas de uso turístico, define as súas características, requisitos e incorpóraas ao Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Axencia de Turismo de Galicia. Desde ese mesmo momento, puxémonos en marcha para axudar aos nosos asociados no seu proceso de regularización e organizamos xornadas de sensibilización sobre esta nova tipoloxía de aloxamento por toda Galicia.
2018
En + de 100 localidades
En 2018 alcanzamos implantación autonómica. Estamos presentes en + de 100 localidades. Contamos con asociados en todas as cidades de Galicia e todas as zonas turísticas da nosa comunidade, tanto de costa como de interior.
2018
Escola de Anfitriones
Estamos comprometidos coa formación e profesionalización dos asociados, que converten as súas vivendas no fogar temporal dos turistas que nos visitan, transfórmanse en anfitrións da nosa terra e mostran a riqueza, cultura e diversidade que aínda se esconde na nosa comunidade.
2019
Nace VITGAL, a central de reservas de Galicia
Apostamos pola innovación e as tecnoloxías que melloren a rendibilidade das vivendas e dispoñer de ferramentas propias de promoción turística. Por iso lanzamos VITGAL, a primeira central de reservas de vivendas turísticas de Galicia.
2020
Escola de Anfitrións
Dando un paso máis cara á dixitalización e a formación dos nosos anfitrións e anfitrioas, en 2020 desenvolvemos a plataforma en liña da nosa “Escola de anfitrións”.
2020
Legalicíate, o portal
Legalíciate é unha plataforma que che guía de maneira intuitiva nos pasos para dar para formalizar o rexistro da túa Vivenda de Uso Turístico, paso previo para poder alugala cumprindo os requisitos da normativa vixente en Galicia.
2021
Fairway 2021
Participamos no primeiro Congreso internacional de vivendas vacacionais en Tenerife e participamos con caseta propia na Feira do Camiño de Santiago (Fairway 2021)
2022
Cluster de Turismo de Galicia
Integrámonos como asociación representativa das vivendas de uso turístico no Clúster de Turismo de Galicia