Aviturga é a asociación sen ánimo de lucro de ámbito autonómico que representa aos propietarios de vivendas de uso turístico en Galicia.
O alugueiro vacacional conta cunha longa tradición en Galicia. A recente entrada en vigor de nova normativa conleva un proceso de regulación e adaptación no que moitos propietarios están aínda inmersos. Ademais, fomentamos a súa profesionalización organizando actividades formativas, analizando novas tendencias ou solucións técnicas que lles faciliten a súa actividade como anfitrións de vivendas turísticas de Galicia.
O noso principal obxectivo é a defensa dos intereses desta nova modalidade de aloxamento turístico, unha actividade que contribúe a mellorar a economía de moitas familias galegas e aumenta o potencial turístico da nosa comunidade ofrecendo dispoñibilidade de aloxamento en lugares que non contaban con infraestruturas ata ese momento.
En Aviturga estamos comprometidos cos propietarios. Ofrecémoslles asesoramento xurídico, fiscal e técnico para liquidar as súas inquietudes relacionadas coa nova normativa e como legalizar as súas vivendas de uso turístico.
Ámbito autonómico
Mellorar a economía
Representar a propietari@s