Propietarios de viviendas turísticas en A Illa avalan cun millar de sinaturas o rexeite ao incremento da taxa do lixo que tildan de “golpe ao turismo familiar na Arousa”

Acusan ao goberno local de usar a “máquina do fango” para culpar ás VUTs da suposta crise habitacional

Redacción Aviturga

Pontevedra 23 Dic 2424

3'

Acusan ao goberno local de usar a “máquina do fango” para culpar ás VUTs da suposta crise habitacional

Propietarios de Vivendas de Uso Turístico de A Illa presentaron por rexistro no Concello as sinaturas acadadas na campaña iniciada ao sentirse agraviados pola aplicación dunha tarifa na nova ordenanza municipal de saneamento e recollida de lixo que incrementa desproporcionada e inxustificadamente o importe para as VUTs. Unha decisión exclusivamente política que perxudica a 220 familias propietarias, a súa meirande parte da Arousa e que tamén perxudica ao conxunto da cidadanía.

 

Máis dun millar de sinaturas que avalarán o debate na sesión plenaria extraordinaria convocada para este xoves día 26 ás 13 horas na que se pide a retirada do actual padrón fiscal e a modificación da ordenanza fiscal aplicando ás VUTs a mesma tarifa que a unha vivenda residencial “que é o que son”. As sinaturas presentadas respaldan tamén o malestar das familias propietarias de VUTs por esta discriminación tributaria que incrementou desproporcionadamente os recibos en 2024 e a  defensa dun modelo turístico familiar, alonxado da masificación, e que redistribúa os seus beneficios no tecido comercial e do sector servizos local

 

Para Aviturga esta decisión política supón un castigo a 220 familias que tiveron que abonar uns recibos de 464 euros a pesar da modificación da ordenanza, o que supón “unha absoluta falta de respeto ás económicas domésticas das persoas afectadas; a mesma que se demostra ao non responder ás alegacións presentadas”, I é que desde a Asociación de Viviendas Turísticas de Galicia destacan a indefensión que supón ter que abonar un recibo sen ter recibido resposta á reclamación administrativa interposta. “O lóxico sería que primeiro responderan ás alegacións. Esta demora representa o nulo talante democrático do goberno bipartito”, insisten desde Aviturga.

 

Recordan que a Concellalía de Facenda, coa “connivencia do seu socio de goberno, impulsa a modificación da ordenanza convertendo unilateralmente as VUTs en actividade económica, a pesar de ser consciente de que o Ministerio de Hacienda trata esta modalidade aloxativa como rendemento do capital inmobiliario e que o Decreto da Xunta inclúe entre os seus requisitos que estén situadas en suelo residencial”.

 

Para Aviturga “o afán recaudatorio e unha enquina política que leva a PSOE e BNG a liderar unha persecución sen cuartel contra as Vivendas de Uso Turístico” son as principais motivacións do goberno local que  puxo en marcha a “máquina do fango e dos bulos” para repetir que as VUTs son as responsables da crise habitacional existente a nivel mundial; esquecendo que agora padecemos as consecuencias de decisións políticas tomadas por eles anos atrás.

 

A Asociación de Viviendas de Uso Turístico de Galicia considera que a subida destas taxas para as VUTs supón o primeiro golpe que asesta PSOE e BNG ao sector turístico na Arousa; a un modelo de turismo familiar que distribúe a riqueza entre toda a cidadanía e en sectores como o comercio, a hostelería, etc, xa que “os nosos hóspedes intégranse no pobo e consumen aquí. Descoñecemos sen embargo cara que modelo turístico nos levará esta agresión fiscal xa que percibimos o interese do goberno local en provocar o peche das VUTs pero carecemos de información sobre o futuro que planifican”.

Últimas noticias
Google
Asun Hernandez profile picture
Asun Hernandez
Google star 1Google star 2Google star 3Google star 4Google star 5Trustindex verifica que la fuente original de la reseña sea Google.
Excelente atención y muy buenos profesionales, siempre dispuestos a ayudar en todo. Muchas gracias AVITURGA.
Google
Mar Carballa profile picture
Mar Carballa
Google star 1Google star 2Google star 3Google star 4Google star 5Trustindex verifica que la fuente original de la reseña sea Google.
Encantada con aviturga , esta asociación tiene un equipo de profesionales en donde te ayudan te aconsejan y te apoyan, en todo momento , desde el primer contacto me di cuenta que son un equipo de profesionales y que no podía estar en mejores manos para seguir aprendiendo de ellos y así poder ofrecer al cliente el mejor servicio, mil gracias Dulcinea y a todo su equipo, sin vosotros no sería posible seguir avanzando y conseguir mis objetivos , toda una suerte haberos conocido
Google
Felipe Suarez profile picture
Felipe Suarez
Google star 1Google star 2Google star 3Google star 4Google star 5Trustindex verifica que la fuente original de la reseña sea Google.
Aviturga es la asociación que necesitábamos los propietarios de viviendas turísticas. Te enseña a decorarla, publicitarla, gestionarla... Y si tienes dudas, te las resuelven. De no existir...habría que crearla.
Google
Maria profile picture
Maria
Google star 1Google star 2Google star 3Google star 4Google star 5Trustindex verifica que la fuente original de la reseña sea Google.
Muy buena asociación,donde te informan y te aclaran todas las dudas para conseguir tu licencia para poner tu vivienda como uso turístico y te asesoran después para ponerla en funcionamiento y en todo lo concerniente a las leyes y obligaciones que afectan a las viviendas de uso turístico,además de defender a los propietarios cuando surgen problemas con las administraciones.Son muy buenos profesionales,además tienen mucha paciencia y son muy amables.
Google
Riande da Portela profile picture
Riande da Portela
Google star 1Google star 2Google star 3Google star 4Google star 5Trustindex verifica que la fuente original de la reseña sea Google.
Aviturga,es muy necesaria y eficiente y ayuda mucho a los propetarios
Google
José Ramón Neira Olivé profile picture
José Ramón Neira Olivé
Google star 1Google star 2Google star 3Google star 4Google star 5Trustindex verifica que la fuente original de la reseña sea Google.
De momento valoro por las publicaciones recibidas. No he tenido necesidad de consultar nada.
Relacionados
Comparte
x (twitter)
Facebook
LinkedIn
WhatsApp
Email