AVITURGA | NOVAS

Primeiros pasos para regular os pisos turísticos en A Coruña

Primeiros pasos para regular os pisos turísticos en A Coruña

Primeiros pasos para regular os pisos turísticos en A Coruña

Ogoberno municipal deu este mércores un primeiro paso para estudar a regularización das vivendas de uso turístico na cidade. Fíxoo cunha serie de reunións con representantes da Asociación de Administradores de Predios, a Asociación Empresarial de Hospedaxe da Coruña (Hospeco), a Asociación Provincial de Promotores Inmobiliarios da Coruña (Aproinco), a Asociación de Inquilinos da Coruña, a Asociación de Vivendas Turísticas de Galicia (Aviturga) e do Colexio Oficial de Axentes da Propiedade Inmobiliaria. A principal conclusión á que se chegou nesta toma de contacto inicial é que se creará unha mesa de traballo para analizar se é necesaria a creación dunha regulación específica deste tipo de pisos, un grupo de traballo ao que tamén se invitará á Federación de Asociacións Veciñais da Coruña e Área Metropolitana.

Visita a nosa
plataforma
de reservas
vitgal

Encantados de atenderche
Esperamos recibir as túas mensaxes e poderche axudar en todo o que necesites sobre o alugueiro de vivendas de uso turístico en Galicia.